5.17.2010

Día das letras galegas

Cando te vexa o direi
oh Estrela de Santiago
e se inda non o fago
non é porque o non busquei.

A tua luz non atopei.
Sí alleos por compañeiros.
Atopei terra e luceiros
día e noite os mirei.

Atopei o Sol i a Lúa
i as estrelas consteladas
atopeinas por miriadas
en cambio non vin a túa.

Hoxe ,como cada 17 de maio, Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.
Honramos á nosa lingua, á nosa identidade.
Este ano recordámos ao poeta Uxío Novoneyra